Resultados da Semana da Novela Negra

E despois dunha semana de intriga, pistas ambigüas e hipóteses de todo tipo, xa temos equipo gañador da investigación dos crimes: 3ºB!
Aquí vos deixamos un cadro coas puntuacións dos informes entregados, a solución e algunhas fotos. 

Equipo de investigación
Entrega
Puntos
3ºB – Sherlock Holmes
1 hora
8,5 + 1 (entrega)
1ºA – Irene Adler
24 horas
8
3ºA – August Dupin
3 días
7
2ºB – Miss Marple
2 días e 4 horas
6
2ºA – Hercules Poirot
4 días
4


Finalmente, Raquel González foi a que lle dou a Hannah Johnson unha infusión de herbas caseira con máis ingredientes dos que indicaba o envoltorio e a arma homicida que acabou coa vida de Pepa Besteiro foi un atlas medioambiental que Raquel tratou de agochar nos andeis de relixión. E todo porque nas súas clases Hannah e Pepa estragaban todo o papel que se podía reutilizar tirándoo polo chan, centos de bolas de papel sen desfacer acababan na papeleira de reciclaxe, etc. Tantas horas de traballo tratando de concienciar sobre a importancia da reciclaxe e o coidado do medioambiente!! Xa está ben!!


Semana da Novela Negra

O alumnado do club de lectura estamos a preparar un concurso relacionado coa novela negra.
Durante as titorías da semana do 6 ao 10 de xuño poderedes participar na investigación de dous crimes "acontecidos" no noso instituto! 
Nesa titoría a coordinadora do club de lectura e da biblioteca explicaravos o que tedes que facer e algúns membros do club estaremos nas escenas dos crimes para axudarvos. 

Boa sorte!

Visitas aos coles

Aquí vos deixamos algunhas das fotos da nosa visita aos CEIP As Bizocas e Valle-Inclán. Clicade nas imaxes para ver máis.

CEIP As Bizocas


CEIP Valle-Inclán

Semana do libro en Bizocas

A biblioteca e o club de lectura do centro, en colaboración co departamento de Orientación e cos CEIP Bizocas e Valle-Inclán, organizamos diversas actividades para a vindeira semana co motivo da celebración do Día Mundial do Libro, o 23 de abril. 
Esperamos que vos gusten as lecturas compartidas!!
(Podedes ler o folleto en pantalla completa premendo doble clic sobre a imaxe.)

Visita de Anxo Fariña

O pasado luns 15 de febreiro, Anxo Fariña concedeunos un chisco do seu tempo, dando ao alumnado de primeiro curso (e aos membros do Clube de Lectura do instituto) unha impresionante charla sobre a súa exitosa obra Os Megatoxos, lectura obrigatoria para os rapaces que cursan 1º.
O escritor, facendo gala da súa habitual retranca, explicou como as aventuras d'Os Megatoxos chegaron ao papel grazas a unha peculiar aposta cun bo amigo.
Así, dende a cuna á imprenta, os diversos procesos de creación literaria foron explicados coa axuda de caixas, botellas e ata tetrabriks.
E, para rematar, debuxou a Joaquín e a Sandra, a súa maior fan nas Bizocas e parte do estranxeiro.



Unha vez máis, ¡moitas grazas pola túa visita, Anxo!




Roteiro A Esmorga

O alumnado de 4ºESO leron A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, neste trimestre e co fin de achegarnos máis á obra, o club de lectura organizou para as titorías o visionado da versión cinematográfica e tamén unha excursión a Ourense para seguir algúns dos pasos dos míticos Castizo, Bocas e Milhomes.
Ademais aproveitamos para pasar por diferentes lugares de especial interese literario coma algunhas casas e monumentos adicados a importantes escritores galegos.
Tamén participaron no roteiro o alumnado de 3º que está no club de lectura. Aquí vos deixamos algunhas das fotos do percorrido.


Gañadores do I Concurso de Cosplay

Grazas pola participación no I Concurso de Cosplay organizado polo Club de Lectura. Os premios foron para  Isela Rodríguez polo seu disfraz de Taiga  de Toradora e Breixo Mato e o seu disfraz de Sanji de One Piece.

Cada un deles recibiu un manga, un caderno e uns  lapis de cores.

Parabéns aos gañadores!!



Manga!

Grazas lector@s de MANGA, seguidor@s de ANIME, fans de COSPLAY que a través do Club de Lectura dades a coñecer a todo Bizocas este novo mundo co voso entusiasmo!!  


Roteiro por Santiago de Compostela

O club de lectura en titorías aproveitou a excursión organizada ao Parlamento de Galicia en novembro para percorrer as rúas de Santiago lendo algúns fragmentos de novelas policiacas galegas. Gravamos as lecturas in situ e fixemos fotos dos lugares.  



Deixámosvos un exemplo en vídeo dunha das lecturas : Trece Badaladas, de Suso de Toro. Arriba podedes ver tamén a ficha previa que cubrimos deste autor en concreto.




III Concurso de Lendas Terroríficas




O Club de Lectura participou por primeira vez coma xurado no Concurso de Lendas Terroríficas para Samaín organizado polo Equipo de Dinamización e a Biblioteca do centro. 
  



Lemos en voz alta e nunha penumbra silenciosa todos os relatos presentados e votamos polos nosos favoritos. 



Finalmente, estes son os relatos gañadores...
PARABÉNS MARTÍN, ANTÍA E SANDRA!! 





Samaín na biblioteca

Na primeira xuntanza de tarde no curso 2015-16, os participantes do club prepararon a biblioteca para o Samaín... telarañas, morcegos e cabazas misturáronse con lendas, tradicións celtas e historias de medo.
  





Benvid@s!

Comezamos novo curso e novas historias. 
Animádevos a participar nas actividades do club.

OS MÉRCORES. NO RECREO. NA AULA DE INFORMÁTICA.

Visita de Pedro Feijoo


Aquí vos deixamos algunhas fotos da visita do autor de "Os Fillos do Mar", novela que estivemos lendo e comentando no club neste curso. 
Parte do noso alumnado xa era fan da súa obra, mais despois de coñecelo xa temos a uns cuantos máis... Esperamos con ganas o seu vindeiro libro e outra visita!
   
Moitísimas grazas, Pedro!