Amosando publicacións coa etiqueta EscritoresGalegos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EscritoresGalegos. Amosar todas as publicacións

Día de Rosalía


O día 24 de febreiro celebramos en Galicia o día de Rosalía.A biblioteca e o equipo de dinamización quixeron sumarse repartindo versos da nosa escritora entre a comunidade educativa.
O venres 23 o alumnado do club de lectura Mareira e do EDLG, ademais de termos  xa axudado a facer un cartel para actividade, fumos os encargados de repartir os versos rifa durante o recreo .








O pasado luns 26 de febreiro tivo lugar na entrada da biblioteca o sorteo dos versos-rifa de Rosalía.




A gañadora dunha taza conmemorativa coa imaxe e versos de Rosalía foi 
Paula Cacabelos de 4ºB , 
que entregou a rifa e recitou a súa estrofa sen problema: 

"Nosa Señora da Barca
ten o tallado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera."

PARABÉNS!



LEDICIA COSTAS

                   
Hola, nós somos Carmen e María, falarémosvos sobre a grata visita de Ledicia Costas que tivemos hoxe, foi unha xornada digna de ser nomeada neste blog.Dito esto, comezamos! 
Este curso as alumnas,alumnos e alumnes de 2º e 3º de ESO leron os libros de Ledicia "O Corazón de Xúpiter" e "Unha estrela no vento".
Esta foi a razón pola cal no clube de Lectura Mareira decidimos contactar coa editorial e ofrecerlle vir ao noso instituto para contar a súa experiencia así como a razón pola cal escribiu os nosos libros de  interese.
Ledicia respondeu a todas as preguntas feitas polas/es/os estudantes, dende a curiosidade dunha nena pola fonte de inspiración de Ledicia ata todos os detalles sobre a creación dos seus libros. 
Ao final da visita,o clube puido ter un momento a solas con ela e compartir opinións sobre outros autores e libros do noso interese común.
Persoalmente foi unha sorpresa todo o que temos en común e tamén nos deixou algúnhas recomendacións moi moi interesantes.

             MOITAS GRAZAS LEDICIA!!!!