O xoves 11 de abril visitounos a autora do libro "22 segundos", Eva Mejuto.Nesta ocasión, foron os alumnos de 3º e os membros do club de lectura os que disfrutaron da charla da escritora. Eva contounos o proceso de recollida de información para elaborar a súa obra. Entrevistou a varios xóvenes que viviron esa transición para contar ben a súa historia, xa que Eva foi a primeira escritora en falar sobre o tema da transexualidade en galego.
A obra trata sobre a historia de Álex, un mozo transexual que decide grabar un video para despois subilo a internet e contar o seu cambio. Tamén nos comentou en exclusiva que estaba preparando a segunda parte de "22 segundos", obra que de seguro leremos no vindeiro curso.
Rematou facendo unha pequena presentación sobre o seu novo libro: "Memorias do silencio", que trata sobre 2 mulleres de Ribadavia que axudar a xudeos a chegar a Portugal e así abandonar Europa.
GRACIAS EVA POR UNHA CHARLA TAN INTERESANTE!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.