CONCURSO DE MICRORRELATOS IES AS BIZOCAS, PARA CONMEMORAR O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25 DE NOVEMBRO)




Bases:

-Escribe un microrrelato cunha temática sobre a violencia de xénero.

 -Ten que estar en galego.

-Máximo media carilla.

-Entregar o teu microrrelato antes do 17 de novembro, depositándoo na caixa que atoparás na biblioteca.

-Tes que incluír o teu nome, apelidos e curso escrito nun papel dentro dun sobre xunto co teu microrrelato.

-O equipo do EDNL escollerá un microrrelato por nivel

-Os premios entregaranse o 25 de Novembro  no recreo, durante a conmemoración do Día Contra a Violencia de Xénero.