Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

Día de Rosalía


O día 24 de febreiro celebramos en Galicia o día de Rosalía.A biblioteca e o equipo de dinamización quixeron sumarse repartindo versos da nosa escritora entre a comunidade educativa.
O venres 23 o alumnado do club de lectura Mareira e do EDLG, ademais de termos  xa axudado a facer un cartel para actividade, fumos os encargados de repartir os versos rifa durante o recreo .








O pasado luns 26 de febreiro tivo lugar na entrada da biblioteca o sorteo dos versos-rifa de Rosalía.




A gañadora dunha taza conmemorativa coa imaxe e versos de Rosalía foi 
Paula Cacabelos de 4ºB , 
que entregou a rifa e recitou a súa estrofa sen problema: 

"Nosa Señora da Barca
ten o tallado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera."

PARABÉNS!