Día do libro 2019



DÍA DO LIBRO NO CEIP AS BIZOCAS

Os rapaces pertencentes ó clube de lectura Mareira visitaron ó alumnado do CEIP As Bizocas.


O día 23 de abril, fumos ao colexio para compartir con todos eles lecturas de diversos temas dependendo do curso. Alí, na biblioteca, dividímonos en grupos e cada un faciase cargo de dous ou tres nenos. A continuación, trasladámonos cara diferentes sitios do seu centro e comenzamos a facer algunhas preguntas para coñecelos máis. Como solo dispoñiamos de 20 minutos porque tiñamos que facernos cargo de máis grupos, fixemos unhas lecturas rápidas, para despois comentalas.
Fumos tornando de grupos ata que se nos acabou  o tempo e tivemos que regresar ó instituto.
Foi unha experiencia moi boa, que repetiríamos sen dúbida algunha!



Se queredes ver o vídeo, clicade aquí. 


                                                                                                 Valeria, Marta e Alejandra


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.