Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

SAMAÍN

Polo samaín, o Equipo de Dinaminación da Lingua Galega fixo un concurso de acrósticos no que o club de lectura foi participé como xurado. Cando xa se tiveron todos os acrósticos recollidos, nun recreo reunímonos algúns do club para lelos e votar cal nos gustou máis en cada unha das categorías.



Na categoría de 1º e 2º, o gañador foi un membro do club que esta en 1º, gañou con este acróstico:

                                       


Na categoría de 3º e 4º, a gañadora tamén foi unha do club de lectura que o fixo con este:


                               

(Por suposto os que participaron non formaban parte do xurado)


A parte do concurso de acrósticos, tamén se decorou a biblioteca dunha forma terrorífica pero a vez moi chamativa, na que un recreo quedaron os membros para decorala para todos os seus compañeiros de instituto e quedounos así:
              
                              


  

                          

III CONCURSO DE LENDAS TERRORÍFICAS



Bases:

- Escribe unha lenda de medo, inventada ou popular pero redactada por tí
 
- Ten que estar en galego

- Máximo dúas caras 

- Entrega a túa lenda antes do 26 de Outubro

- Tes que incluír o teu nome, apelidos e curso escrito nun papel dentro dun sobre xunto co teu relato.
 
- Deposita o teu relato no buzón que atoparás na biblioteca (recreos).

- O equipo do EDNL escollerá unha lenda gañadora por nivel.


- Os premios entregaranse o 10 de Novembro  na festa do Samaín e Magosto





Haberá importantes premios!!
Anímate a participar!!




III Concurso de Lendas Terroríficas




O Club de Lectura participou por primeira vez coma xurado no Concurso de Lendas Terroríficas para Samaín organizado polo Equipo de Dinamización e a Biblioteca do centro. 
  



Lemos en voz alta e nunha penumbra silenciosa todos os relatos presentados e votamos polos nosos favoritos. 



Finalmente, estes son os relatos gañadores...
PARABÉNS MARTÍN, ANTÍA E SANDRA!! 





Samaín na biblioteca

Na primeira xuntanza de tarde no curso 2015-16, os participantes do club prepararon a biblioteca para o Samaín... telarañas, morcegos e cabazas misturáronse con lendas, tradicións celtas e historias de medo.