Amosando publicacións coa etiqueta tertulias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tertulias. Amosar todas as publicacións

★O CLUB DE LECTURA DASE UN DESCANSO E RETOMA O BLOG!★

Bo día , tarde ou noite lectores! 
Hoxe o Club de lectura quedou para escribir un par de entradas no blog e aquí estamos! 
Quedamos a comer na cafetería e Conchi preparounos unha merenda para chuparse os dedos. Moitas grazas Conchi!

*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa comilona!!!

*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*:・゚✧*



TERTULIA DIVERXENTE

Chegou o tan esperado momento!! 


Este xoves 9 de outubro preparade o tupper ou o bocata e vémonos na biblioteca despois de clase. 
Comentaremos primeiro a triloxía DIVERGENT sen afondar en detalles do final para non estragarlle a lectura aos que aínda están entrando na historia e despois veremos a película baseada na primeira parte.

Se non tedes a autorización, falade con calquera membro do club ou coa coordinadora, Marta Fernández. 


Estamos de volta!

Este mércores 24 de setembro o club volve das vacacións. 
Falaremos das nosas lecturas de verán 
e faremos plans para este curso.


PEAXES

Comezamos nova lectura!


Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino.

Clicade aquí para ler unha entrevista co autor.

 

Nun mes darémosvos o noso veredicto! 

OTOÑO AZUL

Mergullámonos nunha nova lectura que narra o encontro entre dous adolescentes en Barcelona. Libros, dor, amizade, cáncro... 



Aquí vos deixamos un vídeo do autor, José Ramón Ayllón, falando sobre a lectura.
         

XOVES 23 XANEIRO

Lembrámosvos que este xoves 23  temos reunión  
do club de lectura fóra do horario lectivo. 
Quedarémonos a comer despois das clases 
(traede o voso lunch!) para comentar o libro 
O neno co pixama de raias 
e despois ver a película. 

Estades tod@s invitad@s a participar!!