Os Fillos do Mar


Empezamos coa seguinte lectura común!
Chea de aventuras, misterio, tesouros e tamén algo de romanticismo...

Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado...


Aínda queda algún exemplar na biblioteca, bulee!! 

Aquí vos deixamos tamén unha entrevista co autor, ao que esperamos ter de visita neste curso.

TERTULIA DIVERXENTE

Chegou o tan esperado momento!! 


Este xoves 9 de outubro preparade o tupper ou o bocata e vémonos na biblioteca despois de clase. 
Comentaremos primeiro a triloxía DIVERGENT sen afondar en detalles do final para non estragarlle a lectura aos que aínda están entrando na historia e despois veremos a película baseada na primeira parte.

Se non tedes a autorización, falade con calquera membro do club ou coa coordinadora, Marta Fernández. 


Estamos de volta!

Este mércores 24 de setembro o club volve das vacacións. 
Falaremos das nosas lecturas de verán 
e faremos plans para este curso.


PEAXES

Comezamos nova lectura!


Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino.

Clicade aquí para ler unha entrevista co autor.

 

Nun mes darémosvos o noso veredicto! 

Novo libro de Teresa González Costas

Xa a coñecedes por algúns dos seus libros que tedes na biblio e moitos xa lestes...



Este xoves 8 de maio, ás 20:00 na Galería Besada no Grove, tedes a oportunidade de vela na presentación da súa nova obra: "Os santos nunca dormen"Clica na imaxe se queres saber de que vai... 

De compras...

Grazas ao club de lectura temos novos libros na biblio... todos eles seleccionados e recomendados polo alumnado participante.


Esperamos que vos gusten!

OTOÑO AZUL

Mergullámonos nunha nova lectura que narra o encontro entre dous adolescentes en Barcelona. Libros, dor, amizade, cáncro... 



Aquí vos deixamos un vídeo do autor, José Ramón Ayllón, falando sobre a lectura.
         

XOVES 23 XANEIRO

Lembrámosvos que este xoves 23  temos reunión  
do club de lectura fóra do horario lectivo. 
Quedarémonos a comer despois das clases 
(traede o voso lunch!) para comentar o libro 
O neno co pixama de raias 
e despois ver a película. 

Estades tod@s invitad@s a participar!!

A nosa primeira lectura!




O neno do pixama a raias



Bruno é un neno alemán dunha familia acomodada que un día se ve obrigado a irse do seu fogar e ir cara un lugar no que, segundo el, é moito máis triste e solitario do que lle gustaría, chamado Auchviz. Nel verá como pola súa ventá  hai unha gran alambrada e dentro dela desfilaban moitas persoas, todos levaban un triste e sucio pixama a raias…

Esta obra non supuxo unha aclamación unánime de todos os públicos, senón que, en todos os países e idiomas  aos que foi levada conseguiu ser o número 1. A obra pode pensarse que é unicamente apta para adultos, pola contra, é apta para todos os públicos e persoas interesadas nunha lectura moi amena que nos mergulla no punto de vista dun neno inocente no que, ao principio, é para el mudarse a unha casa nun lugar illado.

Este libro supón un longo paso atrás na historia ata chegar a unha época máis escura. O holocausto nazi narrado desde o punto de vista dun neno pequeno e no que ve nos seus ollos inocentes, a situación tan dura deses presos. Ten unha forma única de escribir dándolle unha grande importancia aos pequenos detalles e vainos revelando pouco a pouco a gran trama histórica que este libro posúe. Os detalles que máis se poden aclamar son os distintos e pintorescos personaxes que compoñen esta magnífica obra.