Creepypastas

Ola!Somos Isela e Sandra e proximamente imos estrear unha nova pestana no blog!
De que será?,vos preguntaredes...Pois vai ser sobre as creepypastas.
E que son?
No internet,coñécense coa definición de "creepypasta" a unha historia ficticia publicada normalmente nun foro, blog ou sitio web co fin de dar medo.
Xeralmente, as creepypastas soen adxuntar unha imaxe ou un video impactante con algo relacionado ao que se di na historia inventada (fenómenos extraños, pantasmas, caras terroríficas, imaxes sanguentas, fotos antigas, rostros de personaxes totalmente descoñecidos...).

Hai varios sitios web onde se recopilan moitas historias de este tipo, algunhas non recomendadas para xente menor de idade ou xente sensible que poida crer algunha das historias publicadas.


Estes son Jeff e Nina the killers,dos que falaremos na pestana dos creepypastas.

Como se ve na foto,estes son Jack e Jade,pero esta ultima non é un creepy oficial,xa que foi creada por Sandra.



Vémonos na pestana!

- Sandra e Isela.




Cupidos invisibles

Co San Valentín ás portas e partindo da idea dunha "Cita a cegas...cun libro" da Biblioteca Bizocas, no club tamén celebramos o día dos namorados. 
Facendo de cupidos invisibles escollemos un libro da biblioteca para cada un dos membros do club. 

Seremos quen de darlle unha oportunidade ao libro da nosa cita? Comentarémolo na vindeira xuntanza...

  

Primeiras compras do club

O proxecto do club de lectura para este curso vén de recibir unha axuda por valor de 1000 euros da Dirección Xeral de Centros e RRHH da Consellería de Educación, que se invertirán na maior parte en fondos para a biblioteca do centro.

Xa comezamos a nosa escolla...esperamos que vos guste!


Visitamos o CEIP As Bizocas

O Club de Lectura Mareira foi de visita ao cole As Bizocas.
Aquí vos deixamos unhas fotos do que estivemos a facer.


Programa de radio Son de Linguas.

Xa está nos blogs do EDL e da biblioteca 
o programa de outubro da nosa radio escolar. 
Grazas Darío e Carla 
por dar a coñecer o noso club polas ondas!

Se queredes escoitar a nosa sección 
ide directamente ao minuto 9.31.

Os Fillos do Mar


Empezamos coa seguinte lectura común!
Chea de aventuras, misterio, tesouros e tamén algo de romanticismo...

Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado...


Aínda queda algún exemplar na biblioteca, bulee!! 

Aquí vos deixamos tamén unha entrevista co autor, ao que esperamos ter de visita neste curso.

TERTULIA DIVERXENTE

Chegou o tan esperado momento!! 


Este xoves 9 de outubro preparade o tupper ou o bocata e vémonos na biblioteca despois de clase. 
Comentaremos primeiro a triloxía DIVERGENT sen afondar en detalles do final para non estragarlle a lectura aos que aínda están entrando na historia e despois veremos a película baseada na primeira parte.

Se non tedes a autorización, falade con calquera membro do club ou coa coordinadora, Marta Fernández. 


Estamos de volta!

Este mércores 24 de setembro o club volve das vacacións. 
Falaremos das nosas lecturas de verán 
e faremos plans para este curso.


PEAXES

Comezamos nova lectura!


Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso de mergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios da autoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigosas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando que realidade e ficción comparten a miúdo o noso destino.

Clicade aquí para ler unha entrevista co autor.

 

Nun mes darémosvos o noso veredicto! 

Novo libro de Teresa González Costas

Xa a coñecedes por algúns dos seus libros que tedes na biblio e moitos xa lestes...



Este xoves 8 de maio, ás 20:00 na Galería Besada no Grove, tedes a oportunidade de vela na presentación da súa nova obra: "Os santos nunca dormen"Clica na imaxe se queres saber de que vai... 

De compras...

Grazas ao club de lectura temos novos libros na biblio... todos eles seleccionados e recomendados polo alumnado participante.


Esperamos que vos gusten!

OTOÑO AZUL

Mergullámonos nunha nova lectura que narra o encontro entre dous adolescentes en Barcelona. Libros, dor, amizade, cáncro... 



Aquí vos deixamos un vídeo do autor, José Ramón Ayllón, falando sobre a lectura.