OS 5 MELLORES LIBROS DA ESO

Ao longo destes anos, tivemos que ler diversos libros. Os nosos favoritos foron:

1-TONECHO DE REBORDECHAO-BREOGÁN RIVEIRO:

Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. As aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.



2-LA TUNELADORA-FERNANDO LALANA

A misteriosa desaparición do novo enxeñeiro responsable da máquina de perforación de túneles que perfora os túneles do metro converterase nun dos máis impactantes dos moitos casos aos que se enfrontou o investigador privado Fermín Escartín ao longo da súa carreira. Fermín Escartín, antigo profesor universitario convertido en detective, xa protagonizou outras novelas de Fernando Lalana, pero ningunha tan inquietante como "La tuneladora", onde a ironía máis feroz, o terror máis auténtico e a mellor intriga policial xúntanse do primeiro á última páxina.

3-CHAMADEME SIMBAD-FRANCISCO CASTRO

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro. As cadeiras son barcos e os piratas rodéanos por todas partes. E hai filibusteiros inimigos alí onde mires. Os adultos, coa súa mirada de adultos, non poden entender nada. Pero Paulo sí que comprende o avó. Porque é un neno con mirada de neno. El é o único que o entende. El é o único que, cando as cousas se poñan feas, vai saber como actuar. Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.



4-PEL DE LOBO-XOSÉ MIRANDA
Fulxencio e o seu fillo Xosé teñen unha reputación xusta de tiradores excelentes, e é por iso que se lles pide que cazen un enorme lobo, que algúns din que é completamente negro e, na opinión doutros, branco; unha besta que xa comía unha parella de nenos e unha moza que collía gando. Nesta aventura arriscada coñecerás a inquietante beleza das irmás Ana e Aurora e enfrontarán as garras dun animal que non teme o home ou o lume. Lectura recomendada entre 5 e 8 anos.
5-CANTERVILLE GHOST-OSCAR WILDE

Unha familia mudáse a unha casa e alí vive unha pantasma que os atormenta.


Lois, Guille, Pablo, Ángel

Día do libro 2019



DÍA DO LIBRO NO CEIP AS BIZOCAS

Os rapaces pertencentes ó clube de lectura Mareira visitaron ó alumnado do CEIP As Bizocas.


O día 23 de abril, fumos ao colexio para compartir con todos eles lecturas de diversos temas dependendo do curso. Alí, na biblioteca, dividímonos en grupos e cada un faciase cargo de dous ou tres nenos. A continuación, trasladámonos cara diferentes sitios do seu centro e comenzamos a facer algunhas preguntas para coñecelos máis. Como solo dispoñiamos de 20 minutos porque tiñamos que facernos cargo de máis grupos, fixemos unhas lecturas rápidas, para despois comentalas.
Fumos tornando de grupos ata que se nos acabou  o tempo e tivemos que regresar ó instituto.
Foi unha experiencia moi boa, que repetiríamos sen dúbida algunha!



Se queredes ver o vídeo, clicade aquí. 


                                                                                                 Valeria, Marta e Alejandra


Eva Mejuto




    O xoves 11 de abril visitounos a autora do libro "22 segundos", Eva Mejuto.Nesta ocasión, foron os alumnos de 3º e os membros do club de lectura os que disfrutaron da charla da escritora. Eva contounos o proceso de recollida de información para elaborar a súa obra. Entrevistou a varios xóvenes que viviron esa transición para contar ben a súa historia, xa que Eva foi a primeira escritora en falar sobre o tema da transexualidade en galego.








A obra trata sobre a historia de Álex, un mozo transexual que decide grabar un video para despois subilo a internet e contar o seu cambio. Tamén nos comentou en exclusiva que estaba preparando a segunda parte de "22 segundos", obra que de seguro leremos no vindeiro curso.
  Rematou facendo unha pequena presentación sobre o seu novo libro: "Memorias do silencio", que trata sobre 2 mulleres de Ribadavia que axudar a xudeos a chegar a Portugal e así abandonar Europa. 


GRACIAS EVA POR UNHA CHARLA TAN INTERESANTE!!!!!!


RECOMENDACIÓNS




RECOMENDACIÓNS


OLA; somos Yago e Alberto e vimos a facervos unhas boas recomendacións de lectura para que pasedes un verán entretido. 

 -A primeira é unha obra clásica titulada: "1984" de George Orwell; é unha lectura de ciencia ficción que plantexa un mundo alternativo totalmente diferente ao noso.




 -A segunda é "Noite de temporal" de Manuel Núñez Singala; é unha emocionante novela baseada no naufraxio do Santa Isabel que foi unha das maiores catástrofes do noso país. Sucedeu na Illa de Sálvora no ano 1921.





 -A terceira recomendación é a de ¨"Viven", unha traxedia que viviu un equipo de rugby uruguaio ao que lle aconteceu un acciednte fatal nos Andes.






Sueños de Acero y Neón

Por Jordi Wild




"Sueños de Acero y Neón" é un libro escrito polo coñecido youtuber Jordi Wild, mais coñecido como "El Rincón de Giorgio" .
É un libro de Ciencia Ficción basado nun futuro (2484 d.C.) e moi avanzado, tanto socialmente como tecnolóxicamente.
A historia conta a vida de Jordi Thompson, un detective privado (un pouco maleducado e vividor) de un gran talento, o cal vive nun mundo post apocalíptico dominado polas coorporacións.
É un libro de "ciberpunk" que combina a novela negra cunha visión dun mundo futurista e desolador, no que o protagonista será coma unha faz de luz para salvar o futuro da nosa especie.


Esta e a primeira novela de Jordi, cuxo libro está cheo de xiros dramáticos dos acontecementos, persoaxes complexas e momentos de moito humor (ás veces moi satírico).