LECTURAS COMPARTIDAS CON BIZOCAS



Ola lectores! Hoxe imosvos falar da nosa experiencia para celebrar o día do libro no C.E.I.P. As Bizocas.
Por suposto temos que animarvos aos máis novos a participar nestas actividades nas que o pasaredes  xenial, e dígovolo con toda sinceridade e ademais faredes novos amigos e compartiredes as vosas fantásticas experiencias persoais cos vosos apaixonantes libros.
Quen sabe se no futuro vos da as grazas por cambiarlles a vida co voso libro ou pola vosa amizade.
Estamos seguras de que sodes estupendos e estupendas persoas.
Quizais o único que non vos vai chamar son os nervios por ir ao colexio e falar con xente nova pero nós tamén somos bastante vergoñentas e claro que ao principio estivemos un pouco caladas pero comeza a surxir conversación e persoalmente fixemos unhas amigas maravillosas.
Nada máis chegar, todas as miradas de admiración dirixíronse cara nós que somos os/as maiores do instituto. 
Sentímonos super ben e moi respectados/as polos nenos e nenas que agardaban impacientes falar connosco.
Finalmente fixemos unhas fotos coas nosas parellas de lectura.
Deus, cada vez que as miramos, rimos e lembramos aquel día tan maravilloso no colexio disfrutando das nosas lecturas en compañía.
Animádevos!;D.


Lecturas compartidas no C.E.I.P. Valle Inclán 📁

  O club de lectura xunto ao alumnado de 4º de ESO foi de visita ao C.E.I.P. Valle Inclán este 23 de maio. A cada persoa de 4º foille asignado por sorteo un rapaz do centro, co cal charlaron un anaco. Non obstante, as parellas puideron intercambiarse e formar grupos.

  Durante o recreo os rapaces espalláronse polo patio, uns para falar dos libros que seleccionaron para este día especial e outros, en banda "exploraron" o colexio e rememoraron a súa infancia alí, xa que moitos de nós estudáramos alí antes. 

Ao final da xornada, tivemos un fantástico photocall, puxémonos dentro dun marco onde nos disfrazamos cunhas perrucas e accesorios moi extravagantes. Foi moi divertido!!! 😂😂😂😂


wattpad






𝐻𝑜𝓁𝒶, 𝒷𝑜𝒶𝓈 𝓉𝒶𝓇𝒹𝑒𝓈, 𝓈𝑜𝓂𝑜𝓈 𝒥𝒾𝓃𝓀𝑜𝑜𝓀 𝑒 𝒽𝑜𝓍𝑒 𝒾́𝓂𝑜𝓈𝓋𝑜𝓈 𝒻𝒶𝓁𝒶𝓇 𝓈𝑜𝒷𝓇𝑒 𝓊𝓃𝒽𝒶 𝓇𝑒𝒹𝑒 𝓈𝑜𝒸𝒾𝒶𝓁 𝒸𝒽𝒶𝓂𝒶𝒹𝒶 𝓌𝒶𝓉𝓉𝓅𝒶𝒹. 𝒮𝓊𝓅𝑜ñ𝑜 𝓆𝓊𝑒 𝓋𝑜𝓈 𝑒𝓈𝓉𝒶𝓇𝑒𝒹𝑒𝓈 𝓅𝓇𝑒𝑔𝓊𝓃𝓉𝒶𝓃𝒹𝑜 𝓅𝑜𝓇 𝓆𝓊𝑒 𝓋𝑜𝓈 𝒻𝒶𝓁𝒶𝓂𝑜𝓈 𝒹𝓊𝓃𝒽𝒶 𝓇𝑒𝒹𝑒 𝓈𝑜𝒸𝒾𝒶𝓁 𝓃𝒶 𝓅𝒶́𝓍𝒾𝓃𝒶 𝒹𝑜 𝒞𝓁𝓊𝒷 𝒹𝑒 𝐿𝑒𝒸𝓉𝓊𝓇𝒶, 𝑒 𝑒́ 𝓆𝓊𝑒 𝑒𝓈𝓉𝒶 𝓇𝑒𝒹𝑒 𝓈𝑜𝒸𝒾𝒶𝓁 𝓈𝑒𝓇𝓋𝑒 𝓅𝒶𝓇𝒶 𝓁𝑒𝓇 𝑒 𝑒𝓈𝒸𝓇𝒾𝒷𝒾𝓇 𝒽𝒾𝓈𝓉𝑜𝓇𝒾𝒶𝓈 𝒹𝑒 𝓉𝑜𝒹𝑜 𝓉𝒾𝓅𝑜, 𝒹𝑒𝓃𝒹𝑒 𝒽𝒾𝓈𝓉𝑜𝓇𝒾𝒶𝓈 𝒹𝑒 𝒶𝒸𝒾𝑜́𝓃 𝒶𝓉𝒶 𝒻𝒶𝓃𝒻𝒾𝒸𝓈.

ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ ღ

𝒫𝒶𝓇𝒶 𝑒𝓃𝓉𝓇𝒶𝓇 𝓃𝑒𝓈𝓉𝒶 𝓅𝒶́𝓍𝒾𝓃𝒶 𝑒 𝒸𝓇𝑒𝒶𝓇 𝓊𝓃𝒽𝒶 𝒸𝑜𝓃𝓉𝒶, 𝓃𝑒𝒸𝑒𝓈𝒾𝓉𝒶𝓈 𝒹𝒶𝓇 𝓈𝑜́ 𝓊𝓃 𝒸𝑜𝓇𝓇𝑒𝑜 𝑒𝓁𝑒𝒸𝓉𝓇𝑜́𝓃𝒾𝒸𝑜. 𝒞𝒶𝓃𝒹𝑜 𝓍𝒶 𝓉𝑒ñ𝒶𝓈 𝒶 𝒸𝑜𝓃𝓉𝒶 𝒻𝑒𝒾𝓉𝒶, 𝓅𝑜𝒹𝑒𝓇𝒶́𝓈 𝓈𝑒𝑔𝓊𝒾𝓇 𝒶𝑜𝓈 𝓉𝑒𝓊𝓈 𝒶𝓂𝒾𝑔𝑜𝓈 𝑜𝓊 𝒶𝓈 𝒸𝑜𝓃𝓉𝒶𝓈 𝒹𝑜𝓈 𝑒𝓈𝒸𝓇𝒾𝓉𝑜𝓇𝑒𝓈 𝒹𝑜𝓈 𝓆𝓊𝑒 𝓁𝑒𝓇𝒶𝓈 𝓈𝑒𝓊𝓈 𝓁𝒾𝒷𝓇𝑜𝓈, 𝓉𝒶𝓂𝑒́𝓃 𝓅𝑜𝒹𝑒𝓇𝓪́𝓈 𝒸𝓇𝑒𝒶𝓇 𝓉𝑒𝓊𝓈 𝓅𝓇𝑜𝓅𝒾𝑜𝓈 𝓁𝒾𝒷𝓇𝑜𝓈 𝑒 𝓈𝑒 𝑒́ 𝓂𝑜𝒾 𝒻𝒶𝓂𝑜𝓈𝑜, 𝓅𝑜𝒹𝑒𝓇𝒾́𝒶 𝓅𝓊𝒷𝓁𝒾𝒸𝒶𝓇𝓈𝑒.





𝒲𝒶𝓉𝓉𝓅𝒶𝒹 𝓉𝑒𝓃 𝓋𝒶𝓇𝒾𝑜𝓈 𝒸𝑜𝓃𝒸𝓊𝓇𝓈𝑜𝓈 𝓅𝑒𝓆𝓊𝑒𝓃𝑜𝓈. 𝒪 𝒸𝑜𝓃𝒸𝓊𝓇𝓈𝑜 𝒶𝓃𝓊𝒶𝓁 𝓂𝒶́𝒾𝓈 𝑔𝓇𝒶𝓃𝒹𝑒 𝒸𝒽𝓪́𝓂𝒶𝓈𝑒 "𝒫𝓇𝑒𝓂𝒾𝑜𝓈 𝒲𝒶𝓉𝓉𝓎𝓈". 𝐸𝓃 𝟤𝟢𝟣𝟣, 𝑜𝓈 𝒫𝓇𝑒𝓂𝒾𝑜𝓈 𝒲𝒶𝓉𝓉𝓎𝓈 𝒾𝓃𝓉𝓇𝑜𝒹𝓊𝓬𝓲𝓻𝓸𝓷 𝓉𝓇𝑒𝓈 𝓃𝒾𝓋𝑒𝓲𝓈 𝒹𝑒 𝑒𝓃𝓉𝓇𝒶𝒹𝒶 (𝓅𝑜𝓅𝓊𝓁𝒶𝓇, 𝓈𝓊𝒷𝒾𝓃𝒹𝑜, 𝑒 𝓈𝑒𝓃 𝒹𝑒𝓈𝒸𝓊𝒷𝓇𝒾𝓇) 𝓅𝒶𝓇𝒶 𝒹𝒶𝓇 𝓂𝒶𝒾𝑜𝓇𝑒𝓈 𝓅𝑜𝓈𝒾𝒷𝒾𝓁𝒾𝒹𝒶𝒹𝑒𝓈 𝒹𝑒 𝑔𝒶ñ𝒶𝓇 𝒶 𝒸𝒶𝒹𝒶 𝓃𝒾𝓋𝑒𝓁 𝒹𝑒 𝑒𝓈𝒸𝓇𝒾𝓉𝑜𝓇. 𝒪𝓈 𝒸𝑜𝓃𝒸𝓊𝓇𝓈𝑜𝓈 𝓈𝑜𝓃 𝒶𝒷𝑒𝓇𝓉𝑜𝓈 𝒶 𝒸𝒶𝓁𝓆𝓊𝑒𝓇 𝓅𝑒𝓇𝓈𝑜𝒶 𝓆𝓊𝑒 𝓉𝑒ñ𝒶 𝓊𝓃𝒽𝒶 𝒽𝒾𝓈𝓉𝑜𝓇𝒾𝒶 𝓅𝓊𝒷𝓁𝒾𝒸𝒶𝒹𝒶 𝑒𝓃 𝒲𝒶𝓉𝓉𝓅𝒶𝒹. 𝒟𝓊𝓇𝒶𝓃𝓉𝑒 𝑜 𝓋𝑒𝓇𝒶́𝓃 𝒹𝑒 𝟤𝟢𝟣𝟤, 𝒸𝑒𝓁𝑒𝒷𝓇𝒶𝓇𝑜𝓃 𝑜𝓈 "𝒲𝒶𝓉𝓉𝓎𝓈", 𝑜 𝓅𝓇𝒾𝓂𝑒𝓲𝓇𝓸 𝑔𝓇𝒶𝓃 𝒸𝑜𝓃𝒸𝓊𝓇𝓈𝑜 𝒹𝑒 𝓅𝑜𝑒𝓈𝒾́𝒶 𝓆𝓊𝑒 𝑜𝒻𝓇𝑒𝒸𝑒𝓊 𝒶 𝑜𝓅𝑜𝓇𝓉𝓊𝓃𝒾𝒹𝒶𝒹𝑒 𝒶𝑜𝓈 𝓅𝑜𝑒𝓉𝒶𝓈 𝒹𝑒 𝒸𝑜𝓂𝓅𝑒𝓉𝒾𝓇 𝓊𝓃𝓈 𝒸𝑜𝓃𝓉𝓇𝒶 𝑜𝓊𝓉𝓇𝑜𝓈 𝓃𝓊𝓃𝒽𝒶 𝒹𝑒 𝒹𝓾́𝒶𝓈 𝒸𝒶𝓉𝑒𝑔𝑜𝓇𝒾́𝒶𝓈, 𝓍𝒶 𝓈𝑒𝒶 𝒸𝑜𝓂𝑜 "𝑒𝓃𝓉𝓊𝓈𝒾𝒶𝓈𝓉𝒶" 𝑜𝓊 "𝒸𝑜𝓂𝓅𝑒𝓉𝒾𝒹𝑜𝓇".


Día de Rosalía


O día 24 de febreiro celebramos en Galicia o día de Rosalía.A biblioteca e o equipo de dinamización quixeron sumarse repartindo versos da nosa escritora entre a comunidade educativa.
O venres 23 o alumnado do club de lectura Mareira e do EDLG, ademais de termos  xa axudado a facer un cartel para actividade, fumos os encargados de repartir os versos rifa durante o recreo .








O pasado luns 26 de febreiro tivo lugar na entrada da biblioteca o sorteo dos versos-rifa de Rosalía.




A gañadora dunha taza conmemorativa coa imaxe e versos de Rosalía foi 
Paula Cacabelos de 4ºB , 
que entregou a rifa e recitou a súa estrofa sen problema: 

"Nosa Señora da Barca
ten o tallado de pedra;
ben o pudera ter de ouro,
miña Virxe, si quixera."

PARABÉNS!



SAMAÍN

Polo samaín, o Equipo de Dinaminación da Lingua Galega fixo un concurso de acrósticos no que o club de lectura foi participé como xurado. Cando xa se tiveron todos os acrósticos recollidos, nun recreo reunímonos algúns do club para lelos e votar cal nos gustou máis en cada unha das categorías.



Na categoría de 1º e 2º, o gañador foi un membro do club que esta en 1º, gañou con este acróstico:

                                       


Na categoría de 3º e 4º, a gañadora tamén foi unha do club de lectura que o fixo con este:


                               

(Por suposto os que participaron non formaban parte do xurado)


A parte do concurso de acrósticos, tamén se decorou a biblioteca dunha forma terrorífica pero a vez moi chamativa, na que un recreo quedaron os membros para decorala para todos os seus compañeiros de instituto e quedounos así:
              
                              


  

                          

CONCURSO DE COSPLAY


O día 9 de febreiro co motivo do entroido imos ter alguns concursos:como o de disfraces,o de postres, o de baile, etc...Pola nosa parte animámosvos  a participar na terceira edición do concurso de cosplay.





BASES DO CONCURSO:
O único que necesitades para concursar é un disfraz dalgún personaxe dun libro, videoxogo, cómic.... E presentarvos  o día de entroido no escenario cando vos chamemos. 

Boa sorte a todolos concursantes!!! ^.^