Ola lectores! Hoxe imosvos falar da nosa experiencia para celebrar o día do libro no C.E.I.P. As Bizocas.
Por suposto temos que animarvos aos máis novos a participar nestas actividades nas que o pasaredes xenial, e dígovolo con toda sinceridade e ademais faredes novos amigos e compartiredes as vosas fantásticas experiencias persoais cos vosos apaixonantes libros.
Quen sabe se no futuro vos da as grazas por cambiarlles a vida co voso libro ou pola vosa amizade.
Estamos seguras de que sodes estupendos e estupendas persoas.
Quizais o único que non vos vai chamar son os nervios por ir ao colexio e falar con xente nova pero nós tamén somos bastante vergoñentas e claro que ao principio estivemos un pouco caladas pero comeza a surxir conversación e persoalmente fixemos unhas amigas maravillosas.
Nada máis chegar, todas as miradas de admiración dirixíronse cara nós que somos os/as maiores do instituto.
Sentímonos super ben e moi respectados/as polos nenos e nenas que agardaban impacientes falar connosco.
Finalmente fixemos unhas fotos coas nosas parellas de lectura.
Deus, cada vez que as miramos, rimos e lembramos aquel día tan maravilloso no colexio disfrutando das nosas lecturas en compañía.
Animádevos!;D.