CLUB DE LECTURA MAREIRA
Blog do club de lectura do I.E.S. As Bizocas
Hoxe foi un día moi especial para os membros do Club de Lectura. Antía Besada coñeceu en persoa á mascota da biblioteca da que ela é autora, o calamar Tinta Nejra, que se presentou na biblioteca en medio dunha grande expectación. Ademais, agasallamos aos presentes cas chapas co logo do club.
Os membros do club fixeron de asesores nas compras coas que enriquecemos os fondos literarios da biblioteca. Algunhas das últimas adquisicións que xa podedes coller para as vosas lecturas de verán foron...
A coordinadora do Club asistíu o sábado 16 ao X encontro de Clubs de Lectura que se celebrou en Santiago.
No día de hoxe, o alumnado de 4º A puido desfrutar do seu premio, un picnic na cafetería do noso IES, acompañados de membros do Club de Lectura. Seguro que o desfrutaron!!!
Os membros do Club de Lectura, Nico e Carmen, fixeron entrega do premio á clase de 4º A, pola súa certera investigación de "O tempo remta". Parabéns!!!
Os diferentes cursos presentaron as súas solucións ao enigma "O tempo remata". Queda pouco para que o Club de Lectura dea a coñecer quen foi a clase con máis instinto investigador....
Aquí está a 4ª e derradeira pista. Os miolos están que queiman!!!
Esta é a pista 3 do "Tempo remata".........
Hoxe puxemos a pista nº 2. A estruxarse os miolos!!!!
O Club de Lectura participa na Semana Cultural do centro cunha actividade baseada na novela negra e titulada "O tempo remata" na que participará todo o alumnado do centro e os seus titores . Aquí vos deixamos as bases da actividade e a 1ª pista. A investigar!!!
O Club de Lectura aumentou os fondos literarios da biblioteca con estas dúas novas adquisicións. Anímadevos a leelos!!! Os membros do club xa o fixeron.
Para celebrar o Día do Libro, membros do Club do Lectura visitaron este luns ao alumnado de sexto do CEIP Valle Inclán. Explicáronlle as actividades que facemos no club e compartiron un tempo de lectura e de conversa ao redor dos libros.
Hoxe celebramos a actividade "A busca do ovo de Pascua" co alumnado de 1º e de 3º, dentro dos grupos TEI. Nesta actividade os grupos uniron esforzos nunha actividade de busca, cunha deliciosa recompensa final!!!
Preparando a actividade "A busca dos ovos de Pascua", inicitiva dos membros do Club de Lectura que se levará a cabo cos grupos TEI do centro
Xa case é un clásico.Concurso de Cosplay no que participaron membros do club de lectura
Hoxe celebramos o entroido no centro e o photocall que elaboraron os membros do club de lectura tras ler o libro "Un mostro ven a verme" está listo para que o alumnado do centro se retrate nel
No día de San Valentín, entregáronse os agasallos aos premiados no concurso "Twittea a túa mensaxe de amor" , do que os membros do club de lectura actuaron como xurado. Parabéns aos premiad@s!!!
Un compoñente sinalado deste Club de Lectura ven de ser finalista no IV Concurso de Relato Curto. Parabéns Darío!!! Aquí tendes o relato do finalista
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CUNHA ÁRBORE DA PAZ ONDE O ALUMNADO ÍA COLOCANDO AS SÚAS MENSAXES. GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR.
Preparando o photocall temático sobre o libro "Un mostruo ven a verme"
Dende o Club de lectura do IES As Bizocas, damos a benvida a un novo ano
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)