Roteiro por Santiago de Compostela

O club de lectura en titorías aproveitou a excursión organizada ao Parlamento de Galicia en novembro para percorrer as rúas de Santiago lendo algúns fragmentos de novelas policiacas galegas. Gravamos as lecturas in situ e fixemos fotos dos lugares.  



Deixámosvos un exemplo en vídeo dunha das lecturas : Trece Badaladas, de Suso de Toro. Arriba podedes ver tamén a ficha previa que cubrimos deste autor en concreto.




III Concurso de Lendas Terroríficas




O Club de Lectura participou por primeira vez coma xurado no Concurso de Lendas Terroríficas para Samaín organizado polo Equipo de Dinamización e a Biblioteca do centro. 
  



Lemos en voz alta e nunha penumbra silenciosa todos os relatos presentados e votamos polos nosos favoritos. 



Finalmente, estes son os relatos gañadores...
PARABÉNS MARTÍN, ANTÍA E SANDRA!! 





Samaín na biblioteca

Na primeira xuntanza de tarde no curso 2015-16, os participantes do club prepararon a biblioteca para o Samaín... telarañas, morcegos e cabazas misturáronse con lendas, tradicións celtas e historias de medo.
  





Benvid@s!

Comezamos novo curso e novas historias. 
Animádevos a participar nas actividades do club.

OS MÉRCORES. NO RECREO. NA AULA DE INFORMÁTICA.

Visita de Pedro Feijoo


Aquí vos deixamos algunhas fotos da visita do autor de "Os Fillos do Mar", novela que estivemos lendo e comentando no club neste curso. 
Parte do noso alumnado xa era fan da súa obra, mais despois de coñecelo xa temos a uns cuantos máis... Esperamos con ganas o seu vindeiro libro e outra visita!
   
Moitísimas grazas, Pedro!

Mangas

Bueno como xa vos fomos anunciando a chegada dos mangas, aquí vos traemos un video de adianto exclusivo sobre os novos libros.





Como estas novidades parece que están causando furor, podedes dicirnos aos membros do club de lectura algúns títulos que vos gusten e intentaremos conseguilos para a biblioteca.

Papiroflexia na semana cultural


Na semana cultural (14-15 maio), algúns membros do club de lectura participamos nos obradoiros de papiroflexia. Demos clases aos grupos de 1º,2º e 3º de ESO. Nos grupos ensinamos algunhas figuras como estrelas ou triangulos para facer peixes. As figura feitas adornarán a biblioteca coas cores de club de lectura Mareira.

                                                                                                                                                 
        Peixe de papiroflexia                           Estrela de papiroflexia


Adrián Garrido. 1ºA

OS MEGATOXOS - RESEÑA


Os Megatoxos é, sen dúbida, un dos libros que está pisando forte esta tempada, e deseguido ímosvos resumir por que está a triunfar dese modo.


Anxo Fariña introduce na súa obra mestra a catro personaxes: Ruxe, Faísca, Lúa e Ninfa, que de seguro vos van encantar. Eran rapaces normais coma nós e vós, pero grazas a un inesperado accidente, as súas vidas mudaron por completo. Sumérxete da man de Anxo e compaña en sorprendentes aventuras, estraños poderes e misteriosos antagonistas e encontros que nunca antes imaxinaras.


O primeiro dos cinco libros que (polo momento) conforman a saga.

Atréveste a pasar páxina? Agardámoste!

-Sandra e Darío

BookTubers

Que é un BookTuber?
Un BookTuber é un critico literario (xeralmente novo) que comenta os libros que le, os libros que compra, como ordenan os seus libros,... As súas críticas están publicadas nos seus canais de YouTube.
O que nos gusta dos BookTubers é que son moi sinceros e é un punto de vista diferente e obxectivo. 
Estes son dous dos máis populares: 










Apadriñamento Lector

No Día do Libro o Club de Lectura Mareira volvemos visitar o CEIP As Bizocas para contaxiar aos nosos pequenos veciños a nosa pasión pola lectura. 
Deste volta levamos reforzos: un grupo de rapazas de 4ºA que non o pensaron dúas veces cando llo propuxemos. E tamén marcapáxinas cos Dereitos do Lector, de Daniel Pennac... xa vos deixaremos algúns pola biblioteca.

Clicade na imaxe para ver as fotos.

Creepypastas

Ola!Somos Isela e Sandra e proximamente imos estrear unha nova pestana no blog!
De que será?,vos preguntaredes...Pois vai ser sobre as creepypastas.
E que son?
No internet,coñécense coa definición de "creepypasta" a unha historia ficticia publicada normalmente nun foro, blog ou sitio web co fin de dar medo.
Xeralmente, as creepypastas soen adxuntar unha imaxe ou un video impactante con algo relacionado ao que se di na historia inventada (fenómenos extraños, pantasmas, caras terroríficas, imaxes sanguentas, fotos antigas, rostros de personaxes totalmente descoñecidos...).

Hai varios sitios web onde se recopilan moitas historias de este tipo, algunhas non recomendadas para xente menor de idade ou xente sensible que poida crer algunha das historias publicadas.


Estes son Jeff e Nina the killers,dos que falaremos na pestana dos creepypastas.

Como se ve na foto,estes son Jack e Jade,pero esta ultima non é un creepy oficial,xa que foi creada por Sandra.



Vémonos na pestana!

- Sandra e Isela.




Cupidos invisibles

Co San Valentín ás portas e partindo da idea dunha "Cita a cegas...cun libro" da Biblioteca Bizocas, no club tamén celebramos o día dos namorados. 
Facendo de cupidos invisibles escollemos un libro da biblioteca para cada un dos membros do club. 

Seremos quen de darlle unha oportunidade ao libro da nosa cita? Comentarémolo na vindeira xuntanza...

  

Primeiras compras do club

O proxecto do club de lectura para este curso vén de recibir unha axuda por valor de 1000 euros da Dirección Xeral de Centros e RRHH da Consellería de Educación, que se invertirán na maior parte en fondos para a biblioteca do centro.

Xa comezamos a nosa escolla...esperamos que vos guste!